Dende as cinco da tarde deste venres a ata as oito e media da noite deste domingo o recinto feiral de Santa Comba acolle unha nova edición, e xa van 12, da súa exitosa Feira da Primavera. Este venres foi inaugurada nun acto que contou coas intervencións da alcaldesa de Santa Comba, María Pose, e do presidente da propia Asociación de Empresarios, Diego Vilas. Tamén estiveron presentes varios edís do goberno local e da oposición, o candidato socialista á alcaldía da vila, Alberto Romar, anterior presidente da entidade xalleira, así como os alcaldes da Baña, Andrés García, Mazaricos, Juan Blanco, e o presidente da Fecom, José Gabín. Comercio, automoción, hostalería, artesanía, negocios do ámbito dos servizos e gastronomía conforman esta oferta que está a ter unha gran aceptación de asistencia, non só pola veciñanza da comarca do Xallas, senón pola de toda a provincia. Nesta ocasión participan máis de 30 socios da Asociación de Empresarios e ademais contará con múltiples actividades paralelas.
