Santa Comba acolle o Open 5×5 de balonmán na rúa esta fin de semana

1 minutes read

Este venres e este sábado (12 e 13 de maio) celebrase o Open 5×5 Concello de Santa Comba de Balonmán na Rúa, unha competición que ten como obxectivo prioritario promocionar o deporte do balonman.

Esta actividade vai dirixida aos nenos e nenas de terceiro a sexto de Primaria (categorías alevín e infantil) e todos os pequenos/as que se acheguen ata a Praza do Mercado de Santa Comba van desfrutar dunha xornada divertida, no que coñecerán o balonmán dunha forma lúdica. Serán unhas xornadas de portas abertas nas que os rapaces e rapazas poderán achegarse ao balonmán xunto a adestradores/as cualificados, que ademais de explicarlle as normas básicas do balonmán, falarán sobre os valores do deporte e a importancia de respectar ao rival e recordar que só é un xogo.

Este xoves tivo lugar, na Casa Consistorial de Santa Comba, a presentación do torneo que se celebrará os días 12 e 13 de maio na Praza do Mercado. No acto estiveron presentes a alcaldesa María Pose; a concelleira de Deportes Silvia Candela; o presidente da Federación Galega de Balonmán Bruno López; e representantes do club Xallas, que colaborará na organización do evento.