Santa Comba acolle unha nova edición da Ruta das Tapas

1 minutes read

A Ruta das Tapas xa é un dos eventos que enche Santa Comba de vida, e desta volta faráo do 10 ao 19 de marzo. Volve a Ruta das Tapas aos bares de Santa Comba. A XIII edición do SantaCombadetapaentapa, organizada pola Asociación de Empresarios de Santa Comba, involucra a 10 establecementos, que porán tapas elaboradas a 2 euros por cada consumición. Os bares implicados son o Bar Pive, A Nosa Vila, Novo Pardiñeiro, Rafael, D’Mara, Triskel, Hotel Xallas, Cervantes, Tío Paco e Talladas Gastrobar. O horario é venres, sábados e domingos, de 12:00h a 15:00h e de 19:00h a 23:00h.