Baixo a plataforma ‘Non máis Eólicos’ Campelo, Bustelo e Monte Toural, varios colectivos agrupados farán piña nunha nova demanda contra a proliferación indiscriminada de muíños do vento no rural galego. A cita será este sábado 4 de decembro ás 11:30 horas diante ca Casa da Cultura, donde membros da plataforma darán lectura a un manifesto reivindicativo.
Para a veciñanza é importante a produción de enerxías limpas e renovables pero iso non significa que esteamos a favor da destrución do rural. Somos zona de sacrificio cun importante impacto ambiental e social.
Brañas e humidais veranse gravemente afectados pola invasión de eólicos. Os servizos ecosistémicos de brañas e turbeiras asócianse á conservación da biodiversidade e ao almacenamento e regulación de augas superficiais e subterráneas, só o 5 % do territorio europeo son brañas polo que son hábitas prioritarios para a súa conservación.
A Braña Rubia en Coristanco foi proposta para ampliación da Rede Natura 2000, A Lagoa de Alcaián aparece dentro do Catálogo de
Humidais de Galicia e tamén no Catálogo de Paisaxes de Galicia coa categoría de área de Especial Protección Paisaxística. Un espazo protexido que pretenden rodear de turbinas.
Ademais, as liñas de alta tensión previstas para o transporte da enerxía ao longo duns 40km irían pegadas a numerosas vivendas, quedando os seus habitantes sometidos aos efectos dos campos electromagnéticos, os cales é sabido que son gravemente adversos para a saúde.
Os manifestantes afirman que non entenden a declaración de utilidade pública destes parques, e en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica.