Santa Comba acolleu a celebración do Día da Muller Rural

1 minutes read

O acto celebrouse no multiusos Terra de Xallas de Santa Comba, organizado con motivo do Día Internacional da Muller Rural pola Deputación da Coruña, en colaboración con FADEMUR. Participaron a deputada responsable de Política Social, Mar García Vidal, a presidenta de Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur- Galicia), Verónica Marcos, o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, e o alcalde de Santa Comba, Alberto Romar.

Con este acto, tanto a Deputación da Coruña como FADEMUR, buscan contribuir a poñer en valor e mellorar a visibilidade ante a sociedade do papel decisivo que desempeñan as mulleres no desenvolvemento social e económico da nosa comunidade e a loita contra o despoboamento. Durante a gala entregáronse distintos recoñecementos para subliñar o papel da muller en diferentes campos e destacar o seu labor.

A continuación desenvolveuse unha mesa redonda sobre a temática deste ano, que foi “As mulleres Rurais no Deporte”. Moderada por Manuela Vilaboy, pedagoga e xefa da Unidade contra a Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno, contou coa participación de María Carmen Noya, presidenta da Sociedade Deportiva Dubra, Mónica Sande, campioa de España de Remo no ano 1996, María Bardanca, futbolista de Carballo; Sabela Rey, ciclista, Elena Roca, xogadora de rugby e Daniela Suárez, xogadora de balonmán.

Clausuraron a xornada Estefanía Calvelo Muñiz, concelleira de Igualdade, Roberto García López, secretario xeral de Unións Agrarias-UPA e Teresa López López, presidenta de FADEMUR España.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?