Santa Comba busca o apoio da Deputación da Coruña para o proxecto da «Senda do Xallas»

O Alcalde de Santa Comba, David Barbeira, presentoulle ao vicepresidente da Deputación da Coruña e Deputado de Turismo, Xosé Regueira o anteproxecto da iniciativa turística e medioambiental «Senda do Xallas» que faría transitable as beiras do Río Xallas desde o seu nacemento ata a súa desembocadura, máis de 64 km, e que dinamizaría os territorios rurais da zona a través dun sendeiro visitable, con paneis informativos e interpretativos.

A posta en valor dun Río como é o Xallas desde o seu nacemento ata a súa maravillosa desembocadura é o obxectivo prioritario desta iniciativa que o alcalde de Santa Comba, acompañado do alcalde de Mazaricos Juan Blanco, veñen de presentarlle ao vicepresidente da Deputación da Coruña.
Ante a positiva predisposición provincial, espérase sumar máis concellos para abarcar a totalidade do histórico río e facer un proxecto supramunicipal que a medio prazo vertebre varias comarcas do territorio da provincia da Coruña, con finalidades turísticas e medioambientais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha