Santa Comba contará en breve co “Xallas L@b”

Beatríz Varela e David Barbeira.

  • O Xallas L@b é un espazo alternativo de aprendizaxe que se creará no Edificio Multiusos de Santa Comba e estará destinado ao estudantado entre os 12 e os 19 anos.

O Alcalde de Santa Comba, David Barbeira, e Beatriz Varela, en representación da ONG Ayuda en Acción asinaron este luns o acordo de colaboración para a posta en marcha do “Xallas L@b”, laboratorio de formación en tecnoloxías adaptadas a realidade e o medio de zonas rurais que formará a 17 mozos e mozas xalleiros entre o mes de febreiro e o mes de xuño. A través desta colaboración, Ayuda en Acción instalará un laboratorio de oportunidades, o “XallasL@b” no Concello de Santa Comba, concretamente no Edificio Multiusos, que buscará a evolución dos xóvenes nas novas tecnoloxías, adaptadas á realidade da Terra do Xallas. Algúns dos obxectivos que se pretenden acadar con esta iniciativa son: -Formación en novas TICs a mozos/as.-Orientación educativa. -Fomento de vocacións STEM. (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas ), ademais de contribuir a romper coa fenda de xénero/dixital.