Santa Comba convértese nun escaparate comercial cunha nova edición da Feira do Outono

Preto de 80 casetas da feira devólvenlle a normalidade a un concello que, logo da parada obrigada pola pandemia, agardaba ansioso poder celebrar unha nova edición da súa recoñecida Feira de Outono. Automoción, moda, calzado, gastronomía, artesanía. O acto inaugural tivo lugar este venres ás 5 da tarde, coa asistencia presencial da alcaldesa da vila, María Pose, así como o presidente da asociación de empresarios xalleira, Alberto Romar. Acudiron ademais diferentes autoridades municipais e representantes de varias entidades empresariais de la comarca. Practicamente todos os sectores están representados neste evento que estará aberto ao público de xeito gratuíto ata o domingo e onde tamén haberá actividades de ocio e música.

Promo da Feira.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha