Santa Comba e A Baña eliminan a lista de agarda no Servizo de Atención Temperá

1 minutes read

Os gobernos locais de Santa Comba e de A Baña, lograron cubrir todas as demandas de atención que se solicitaban en relación co servizo de Atención Temperá. Actualmente un total de 51 nenos e nenas (que a partir desta semana serán 57) poden beneficiarse deste servizo público e gratuíto que atende á poboación infantil de 0 a 6 anos, ofertando valoración funcional e seguimento dos trastornos de desenvolvemento, así como apoio, información, habilitación e formación para as familias.

“Era una prioridade absoluta solucionar a lista de agarda nun servicio que consideramos fundamental para as nosas crianzas e as súas familias”, comenta Estefanía Calvelo, concelleira de Servizos Sociais de Santa Comba, que engade que “a longo prazo o obxectivo é constituír una asociación para continuar a dar resposta a estas crianzas e ás súas familias dende que cumpran os 6 anos”.

Aínda que o servizo se preste na súa integridade no concello de Santa Comba dende outubro de 2018, a partir de 2020 tamén atende a usuarios do concello de A Baña, sendo actualmente “Servizo de Atención Temperá da agrupación de concellos de Santa Comba e A Baña”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?