Santa Comba e Val do Dubra recibirán apoio autonómico para a mellora dos seus polígonos

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, informou este luns que a Xunta apoiará, este ano, a sete polígonos industriais da comarca de Santiago cun investimento de máis de 786.000 euros, para a mellora das súas  infraestruturas. Destacou que a través destes apoios se realizarán melloras nos polígonos industriais de Santa Comba e Val do Dubra, entre outros. Deste xeito preténdense solventar determinadas carencias de infraestruturas, así como novas necesidades en materia de comunicacións ou de servizos que presenta este solo empresarial, co obxectivo de acondicionar e modernizar os parques. As axudas son dun máximo de 120.000 euros por proxecto e poden recibir anticipos do 25% da axuda concedida.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha