Santa Comba | O ex alcalde Miguel Pérez será candidato á alcaldía

1 minutes read

Continúa a complicada carreira pola alcaldía de Santa Comba, que suma un novo ex alcalde (o segundo tras Ucha Velo como candidato de Espazo Común). Será Miguel Pérez, que xa foi alcalde entre 2008 e 2011, o candidato do Partido Galego para as eleccións municipais do 28 de maio .

Pérez volve á vida política para tentar frear a «continua deterioración do Concello e o agudizado despoboamento» empuxado polo seu sentimento de compromiso coa cidadanía e o seu desexo de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas».

«No Partido Galego sentimos afortunados de contar con Miguel Pérez como candidato, pois confiamos que a súa experiencia, liderado e compromiso convérteno na mellor opción para guiar este Concello», explica a coordinadora Monste Almozara.