22
Desde hai uns meses, os reiterados actos vandálicos na Avenida do Brasil de Santa Comba van en aumento. As picadas de pneumáticos e outro tipo de actos vandálicos seguen producíndose e mesmo se intensificaron. Isto provocou unha reacción por parte do concello xalleiro. O alcalde, Alberto Romar, quere acabar con esta “situación extremadamente incómoda” para os veciños. A primeira decisión é incrementar a vixilancia por parte dos axentes da Policía Local. Tamén se pide a colaboración cidadá, tanto das persoas que sufran estes actos vandálicos coma se percíbese calquera acción sospeitosa na zona.