Santa Comba, Negreira e Val do Dubra contarán cun novo programa de emprego

Cedida.

O Concello de Val do Dubra, como promotor do Programa de emprego: “Programa de Emprego Xuventude 2023” xunto cos Concellos da Baña, Negreira e Santa Comba é beneficiario dunha subvención por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para a realización dun programa de emprego para as persoas mozas (menores de 30 anos) incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, para 16 alumnos/as traballadores/as distribuídos nas seguintes especialidades formativas;

Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio (SSCS0108) 8 alumnos/as : Obrigatoriedade de posuír o Título da ESO ou as Competencias Clave nivel 2.

Dinamización de Actividades de Tempo Libre Educación Infantil e Xuvenil (SSCB0209) 8 alumnos/as: Obrigatoriedade de posuír o Título ESO ou as Competencias Clave nivel 2.

Este Programa de emprego terá unha duración de 12 meses e a preselección de alumnos/traballadores farase na Oficina de Emprego Santiago Norte, onde serán preseleccionados aqueles mozos e mozas que xa están inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e que demanden algún dos seguintes servizos; Escolas Taller (320), Casa de Oficios (330), Taller de Emprego (340), e outro programas de emprego formación dual (370).

Aquelas persoas que non estean inscritas nos devanditos códigos poderá facelo dirixíndose a citada oficina, e pedindo cita previa no seguinte link; https://emprego.xunta.es/citaprevia/.

También poderán inscribirse a través de la oficina virtual do SPEG.

A tramitación da oferta realizarase á maior brevidade posible, xa que a previsión de inicio será a finais de setembro.

Para máis información a cerca deste proceso poden contactar coas oficinas de emprego de cada Concello participante.

Concello de Val do Dubra (Servizo Local de Emprego: (981889000-) Concello de Negreira (881035162) Concello da Baña: (682859367/981886501) e Concello de Santa Comba (663728782).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha