Santa Comba prepara un nadal lúdico para a infancia


Dende o Centro de Información á Muller do concello de Santa Comba ponse en marcha unha programación para axudar a conciliación das familias nas semanas das vacacións de Nadal.

O programa está dirixido as nenas e nenos de infantil e primaria de pais e nais traballadores do concello e terá un custo de 30€ por neno debida que conta con prazas limitadas. As inscricións para o programa pódense facer na web www.santacomba.es/reservas dende o 21 de novembro ata o 25.

Estas actividades serán de luns a venres de 9:00h ata as 14:00h e levaránse a cabo das semanas do 23 de decembro ata o 5 de xaneiro, no baixo da vivenda comunitaria.