Santa Comba ofrece a Feira de Outono e prepara a Ruta de Tapas

A Asociación de empresarios de Santa Comba está a traballar duro este outono para a celebración de dous eventos de relevancia consolidada que son os que se celebran este mes de novembro na capital da comarca do Xallas, do 8 ao 10 de novembro está a ter cabida unha nova edición da Feira de Outono no recinto feiral da localidade, onde máis de 70 establecementos de diversas actividades ofrecen os seus produtos e servizos a prezos para todos os petos, destacar tamén a colaboración da Asociación Costavales.

Promo da Feira de Outono de Santa Comba.

De seguido Ruta de Tapas

Promo Ruta de Tapas.

Durante dúas fins de semana dende o venres 15 ao domingo 24 de novembro celebrarase a undécima edición da Ruta de Tapas #santacombadetapaentapa. O evento tamén está organizado pola Asociación de Empresarios de Santa Comba e desta volta participan 10 locais onde se poderá degustar a tapa a un módico prezo de 1,50€ máis a consumición, con premios para os tapeadores.

Os locais participantes son os seguintes:

-A Calenda

-A Taberna do Meu Compadre

-Café Bar A Nosa Vila

-Cafetería Rafael

-Cafetería Talladas

-Cervecería D’Mara

-Cervecería Triskel

-Hotel Xallas

-Restaurante O Novo Salgueiro

-Restaurante Tío Paco

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha