Santa Comba prepárase para o «Muuito Rock in Xallas»

0 minutes read

Porque non todo vai ser trompeta, a Comisión de Festas de Santa Comba ten preparada unha nova edición do Festival «Muuito Rock in Xallas». Música alternativa para gozar dunha velada diferente. A cita será este sábado 7 de setembro na Praza do Campo da Feira de Santa Comba, coa actuación, entre outros, dos grupos Collón de Lola, Cazuza D’js, Grand Soul Band e Heredeiros da Crus. A entrada será libre.

Promo do Muuito Rock in Xallas.
Cartel do evento.