Santa Comba recupera o Cachibol

1 minutes read

O Concello de Santa Comba recupera unha das actividades máis valoradas entre os maiores do municipio. Tras máis de 5 anos volta a propoñerse esta actividade que se impartirá tódolos venres en horario de 11:00 a 12:00 horas a partir do xoves 20 de outubro. A actividade realizarase no pavillón de Fontenla e será gratuíta e para tódalas idades.

O monitor da actividade será José Manuel Vázquez, un traballador municipal que o alcalde, Alberto Romar, alaga pola súa gran implicación co colectivo dos maiores.

Esta actividade ten como finalidade ofertar unha práctica lúdica e disciplinada encamiñada a fomentar o equilibrio mental e físico de persoas con diferentes capacidades.

Romar quixo mencionar que “non se trata de inventar novas actividades, senón de recuperar as que funcionaron ben, tendo en conta as peticións da nosa xente”.

Na axenda do Goberno local tamén está a futura recuperación de diferentes actividades do mundo do motor ou do deporte da raqueta.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?