Santa Comba solicita a elaboración do catálogo de solos agropecuarios e forestais

Alberto Romar, alcalde de Santa Comba.

O concello de Santa Comba acaba de solicitar á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) a elaboración do catálogo de solos agropecuarios e forestais municipais.
Dito catálogo clasificará a totalidade dos terreos agroforestais en agropecuarios ou forestais en función da súa aptitude produtiva actual e potencial a partir da análise de factores físicos, ambientais, estruturais, e socioeconómicos.
O catálogo procurará unha distribución idónea dos usos agrogandeiros e forestais e favorecerá o desenvolvemento destes usos fronte ó abandono da terra agroforestal. Nel establécese a regulación de usos permitidos, prohibidos e autorizables correspondente aos terreos agropecuarios e forestais.
O alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, agradece o compromiso da Xunta de Galicia para a elaboración de dito catálogo, e, o trato recibido na xuntanza mantida co persoal do AGADER o pasado 10 de xaneiro, ante as inquedanzas plantexadas polos veciños.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha