Santa Comba | Solicitan por escrito ao Concello a rebaixa do recibo do lixo


Alberto Romar Landeira, en calidade de presidente da Asociación de Empresarios de Santa Comba, que representa a preto de 200 empresas da zona, presentou este xoves no rexistro municipal do Concello un escrito no que explica que “neste ano 2020, multitude de autónomos e empresas do municipio xalleiro víronse afectados pola crise sanitaria do Covid- 19, tendo mesmo que pechar os seus establecementos durante varios meses. Este cesamento da actividade non se viu reflectido nas taxas do imposto de recollida do lixo, tendo que abonar o 100% dos devanditos pagos sen ter en conta as circunstancias citadas”. “Por iso, solicitamos que o Concello de Santa Comba, do mesmo xeito que están a facer noutros concellos da contorna, valore e consensúe a idea de rebaixar os pagos da recollida do lixo para o próximo ano, tanto en autónomos como en pequenas e medianas empresas”, concluíu o presidente.