Santa Comba súmase ao programa de compostaxe doméstica

Cedida.

O Concello de Santa Comba súmase ao programa de compostaxe doméstica promovido por Sogama co principal obxectivo de reducir a producción de lixo doméstico, pechar o ciclo da reciclaxe e aforrar custos. A compañía pública fixo entrega de 50 composteiros cunha capacidade de 400 litros cada un, que se distribuirán entre outras tantas vivendas unifamiliares do municipio que conten con terreo no que aplicar o compost resultante, a fin de pechar o ciclo de recuperación da materia orgánica, que regresa ao solo en forma de fertilizante natural. Co fin de garantir a correcta operativa, Sogama encargarase de impartir aos participantes un curso específico de formación no que se explicará e proporcionarán as pautas adecuadas a seguir para lograr un fertilizante de alta calidade. As familias contarán igualmente cun manual didáctico complementario no que se explica, dunha forma clara, detallada e accesible o procedemento para a obtención do fertilizante. Todas aquelas familias do concello que estén interesadas en participar neste proxecto poden anotarse na oficina de Medio Ambiente, ubicada na Casa da Cultura, ou chamando ó 981880275.