37
O sinistro produciuse pasados uns minutos das oito da tarde deste venres na estrada AC-400, á altura da canteira Granitos do Xallas. A esa hora varios particulares contactaron co 112 Emerxencias Galicia para dar conta do acontecido, un choque frontal entre un turismo e un camión. Ao lugar trasladouse de inmediato a Garda Civil, Protección Civil, unha Ambulancia, así como unha dotación de bombeiros de Santa Comba, que tivo que realizar a extracción da víctima que se atopaba en estado grave dentro do turismo, sendo esta trasladada polo 061.