31
O presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, pediu, tras a celebración da solemne sesión de apertura, «dedicar tanto esforzo a forxar acordos como a escenificar diferenzas» porque «iso é o que a cidadanía nos pide a berros, e sería unha irresponsabilidade non escoitar esa demanda reiterada». Os grupos da oposición, pola súa banda, recolleron a luva tendida por Santalices e ofrécense a traballar ao servizo da xente.