Santalices repite como presidente do Parlamento de Galicia

1 minutes read

Miguel Ángel Santalices Vieira foi reelixido este venres presidente do Parlamento galego na XI lexislatura, cos votos a favor dos 42 deputados do PPdeG e a abstención dos 32 deputados da oposición. Na sesión constitutiva unicamente votaron 74 parlamentarios porque o BNG xustificou a ausencia da parlamentaria ourensá María Gónzalez Albert, que se atopa no hospital a piques de dar a luz, segundo confirmaron fontes nacionalistas. Santalices é o deputado máis veterano da cámara, (Ourense, 1955). Accedeu á presidencia no ano 2015, cando Pilar Rojo, presidenta na VIII e IX lexislatura, renunciou para ir nas listas do PP ao Congreso nas eleccións de decembro daquel ano. A sesión constitutiva do novo Parlamento galego para a XI lexislatura deixa unha imaxe inédita no Pazo do Hórreo. Non haberá convidados na tribuna do hemiciclo, que deixará unha imaxe de 75 deputados con máscara separados polas pantallas que se instalaron e que separarán os escanos, polo menos polo momento, debido á crise sanitaria derivada do covid-19.