O presidente de VOX, Santiago Abascal, arroupou ao candidato á Presidencia da Xunta de Galicia e cabeza de lista de VOX por Pontevedra, ÁlvaroDíaz-Mella, así como dos candidatos do partido nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense, Manuel Fuentes, Sonia Teijeiro e María Jesús Fernández ,
Abascal, denunciou o insulto que supón que o señor Feijóo pida a VOX que non se presente ás eleccións: “En lugar de estar agradecido -subliñou Abascal- porque grazas a VOX conforma gobernos autonómicos, dille a un partido que morra, que desapareza, que non exista”. Preguntouse quen defendería os valores e as ideas que defende VOX se este non estivese.
Por eso, e tras agradecer o voto valente de quen sabe que VOX non é simplemente un partido senón que é “como dixemos mil veces, unha ferramenta ao servizo de España e dos valores que nos/nos ensinaron os nosos pais e avós” ,pediu ao Partido Popular que teña “a mesma claridade que VOX” á hora de mostrar unha distancia infinita co PSOE e coas políticas de esquerda.