En Santiago abrirán en setembro a inscrición para a obtención do permiso de taxi

Todas as persoas interesadas en realizar a proba para a obtención do permiso municipal de condutor/a para prestar servizos de taxi no Concello de Santiago poderán presentar a súa solicitude desde o 1 de setembro ata o 15 de setembro. O exame terá lugar o 2 de outubro.

O Concello de Santiago lanzou esta semana unha nova convocatoria para a obtención do permiso municipal de condutor/a para prestar servizos de taxi. A proba terá lugar o vindeiro 2 de outubro ás 10:00 horas no Edificio CERSIA, situado na rúa Alcalde Raimundo López Pol s/n no barrio de San Lázaro e consistirá nun cuestionario por escrito no que se formularán quince preguntas: dez delas relativas aos coñecementos necesarios e cinco itinerarios nos que se facilitará un punto de saída e un de chegada, debendo seleccionar a resposta que representa o percorrido máis curto, tendo en conta os sinais de tráfico.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha