Santiago acolle un Congreso Internacional de Cooperación Turística


O Congreso organizado pola Asociación Internacional para a Cooperación Turística (ASICOTUR) ten como finalidade o fomento da cooperación entre destinos do sector turístico mediante a transferencia de coñecementos entre eles. Durante os seus dous días de duración, están a impartirse conferencias por parte de especialistas no sector e realízanse mesas redondas onde diferentes actores intercambiarán puntos de vistas sobre temas de actualidade do sector turístico. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou o potencial turístico que ten Galicia, incidindo en que “Galicia está de moda gracias a un modelo que fuxe das masificacións e que aposta por fórmulas tranquilas que combinan natureza, gastronomía, patrimonio e sobre todo un entorno e un destino seguro”. Tamén fixo fincapé no papel de Santiago de Compostela como meta da peregrinación internacional dende o século XI, consolidándose actualmente como un destino seguro e de calidade.