Santiago acolle un novo programa de fomento da cultura científica

Será na Cidade da Cultura baixo a denominación Ciencia parece pero non é, no que recoñecidos divulgadores achegarán claves sobre diferentes aspectos da ciencia e a tecnoloxía de xeito entretido a través de charlas dirixidas a todos os públicos, especialmente do eido educativo, para estimular o pensamento crítico.

A primeira será este xoves 19 de xaneiro coa participación de Helena Matute, experta no funcionamento da mente humana e como afecta a tecnoloxía desde o punto de vista psicolóxico. É catedrática en Psicoloxía Experimental pola Universidade de Deusto, onde dirixe o Laboratorio de Psicoloxía Experimental. Impartirá a charla Nesgos cognitivos en humanos e intelixencias artificiais. O 25 de xaneiro participará o psicólogo e profesor Ramón Nogueras co relatorio Que facer cando os marcianos non veñen salvarte, onde abordará, entre outros temas, como reaccionamos as persoas cando nos amosan probas contrarias a algo no que cremos ou do que estamos convencidos.  

O programa, do que se están a pechar os relatorios de xuño, está dirixido a docentes e público en xeral. As charlas celebraranse ás 18,00 horas no Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. Tamén se poderán seguir vía streaming no perfil de Youtube da Consellería de Educación.  

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha