O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia organiza, xunto á Axencia Galega da Industria Forestal, as VII Xornadas de Rehabilitación en Madeira, MáisMadeira, un punto de encontro onde debater sobre os retos aos que se enfronta a rehabilitación en madeira e as súas particularidades fronte a outros materiais. O evento realizarase no Hotel Palacio del Carmen, de Santiago de Compostela, o próximo xoves 3 de novembro.
O acto será a partir das 9:30 da mañá, e contará entre outras actividades cunha visita guiada na intervención rehabilitadora realizada na ala sur do Conxunto de San Domingos de Bonaval, por parte dos autores do proxecto. Faranse grupos de 20 persoas para realizar as visitas co gallo de que resulte máis produtiva. O punto de encontro será a porta de acceso do Museo do Pobo Galego. O día anterior ás xornadas, enviaremos a hora de inicio das visitas segundo a inscrición.
Para inscribirte podes acceder ó seguinte enlace Inscrición VII Xornadas MAISMADEIRA. O último día para anotarse será o luns 31 de outubro de 2022.
