Santiago aproba a licitación do CIPIS e a reforma do Mercado de Abastos

2 minutes read

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns 24 o expediente de contratación do “Centro Integral para a Inclusión Social” (CIPIS)” que conta cun orzamento base de licitación de 835.142 euros. Segundo explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, o obxectivo deste centro de servizos é atender e formar ás persoas en risco de exclusión social. “Axudalas”, subliñou, “na medida do posible” na súa reinserción social e laboral, “préstandolle atención á problemática que plantexen a nivel social, psicolóxico e sanitario”. O que non será, aclarou, é unha residencia.

O centro contará cunha superficie total construída de 1.152 metros cuadrados, e estará ubicado no parque de Belvís, nun dos edificios de titularidade municipal que actualmente está en desuso e que acolleu o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC).

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou, como estaba previsto, o proxecto básico e de execución de reforma da Praza de Abastos que conta cun orzamento base de licitación 518.710,53 euros. Contemplanse actuacións nas marquesiñas, os estores, as portas corredeiras, o cuarto de baño adaptado e a instalación eléctrica da torre central. A previsión é que, unha vez axudicado, as obras, se realicen pola tarde para interferir o menos posible na actividade do mercado.

Outro acordo adoptado, foi a adxudicación do “Servizo de conservación e mantemento do cemiterio de Santiago de Compostela” á empresa Funeraria Tanatorio Apóstol Santiago, SL. por dous anos e por un importe total de 311.454,00 euros. A súa oferta foi a máis vantaxosa das presentadas, comprometéndose na mesma a distintas melloras. Entre elas, a asunción dos gastos de dez inhumacións por beneficiencia; a subministración e plantación de flor de tempada en zonas axardinadas en outono e verán, e arranxos florais na capela durante todo o ano.

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local acordou impor unha penalidade de 6.000 euros a Servisar Servicios Sociales, S.L., que xestiona o “Servizo de Atención no Fogar”, por incumprimento grave na execución do contrato.

Aprobouse, ademais, o texto do convenio entre a empresa Corporación Hijos de Rivera S. L. e o Concello de Santiago de Compostela para a colaboración nas festas de Santiago de Compostela desde este ano, 2023, ao 2026.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?