Santiago | Aprobada a apertura do procedemento de adxudicación das obras do muro do Pombal

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta dos asuntos máis destacados da Xunta de Goberno local, que aprobou o expediente de contratación das obras para o tratamento arquitectónico do muro do Pombal e acordou a apertura do procedemento de adxudicación cun tipo de licitación de preto de 370.000 euros.
A intervención realizarase sobre a parte pública do muro, que comprende unha superficie de 1.116 metros cadrados e inclúe o acondicionamento vexetal. O devandito muro complétase con tres parcelas de propiedade privada; na situada na parte máis próxima ao Cruceiro do Gaio xa se está a actuar, «de xeito provisional», segundo indicou o alcalde.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha