Santiago | As vítimas do Alvia reclamaron unha investigación técnica independente

1 minutes read

As vítimas do Alvia manifestáronse este domingo en Santiago no noveno aniversario do accidente de Angrois. Nesta ocasión a vista estaba posta no próximo mes de outubro cando comezará o xuízo dun sinistro que deixou 80 mortos e 144 feridos. Un ano máis a marcha transcorreu desde a estación do tren ata o Obradoiro, e ademais de servir como recordo dos seus falecidos no accidente, foi de novo un acto de protesta pola instrución deste caso. As familias volveron esixir unha investigación independente e unha vez máis responsabilidades políticas. Pola tarde as familias volveron á curva da Grandeira para ver pasar o Alvia que hai 9 anos non chegou ao seu destino.