Santiago | Avanzan as obras de reparación e consolidación da Ponte de Vidán


O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, comprobaron o avance das obras de “Reparación e consolidación da Ponte de Vidán” que se están desenvolvendo na aldea da Amañecida. Esta actuación, que conta cun orzamento de adxudicación de 376.649,68 euros e un prazo de execución de cinco meses; enmárcanse dentro do plan POS+ que desenvolve o Concello en coordinación coa Deputación Provincial da Coruña. O vial sobre o que se atopa a ponte constitúe un importante nodo de conexión da veciñanza da parroquia de Laraño cos viarios de alta capacidade de Santiago de Compostela, e soporta un importante tránsito de vehículos así como o paso do transporte urbano e escolar para a zona.