Santiago Avilés acode ao Nacional de Augas Abertas de Banyoles

O nadador da AD Fogar, Santiago Avilés Zhuravlev (2004), atópase na localidade de Banyoles en Xirona, con motivo da súa participación no XXIV Campionato de España Open de Augas Abertas 2022 que se disputa do 20 ao 22 de maio de 2022 e no que concursarán 65 clubes e 215 nadadores-as. Santiago que participa na categoría júnior 2 coa 13ª marca de inscrición, nadará a proba dos 10.000 metros libres na segunda das finais contrarreloxo da sesión matinal na que tomarán a saída un total de 14 nadadores desta categoría reservada aos nados en 2003 e 2004.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha