Santiago celebra este domingo o Día do Orgullo LGTBI

Xosé Sánchez Bugallo_ Fonte: santiagodecompostela.gal

  • Ás 19:00 horas, no Teatro Principal, haberá un evento a porta pechada que incluirá un debate e varias propostas artísticas

O Concello de Santiago xa ten todo listo para realizar este domingo, 28 de xuño, as actividades de Compostela Diversa coas que a Concellaría de Igualdade vai celebrar o Día Internacional do Orgullo LGTBI.

Desde Igualdade convidan á cidadanía a participar nestes actos, comezando pola lectura do manifesto LGTBI ás 11:00 horas no palco da música da Alameda, que durante esta semana está rodeado pola bandeira LGTBI.

Pola tarde e adaptado á situación xerada pola Covid-19, o Teatro Principal acollerá un evento a porta pechada a partir das 19:00 horas, que incluirá un debate, a presentación dunha peza audiovisual e varias propostas artísticas. Estas actividades poderán seguirse a través por streaming a través do espazo do Concello de Santiago en YouTube.

Cartel programa domingo 28_Concello de Santiago

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha