Santiago conmemora o seu vinte aniversario como capital de Galicia


O Concello de Santiago celebrou este mércores o acto que conmemora o vinte aniversario do nomeamento da cidade como capital de Galicia, un recoñecemento que se materializou o 24 de xullo de 2002 coa aprobación unánime por parte do Parlamento de Galicia, e a posterior publicación no DOG, da Lei do estatuto da capitalidade. Isto foi posible grazas á vontade conxunta da Corporación municipal compostelá e da Xunta de Galicia, que conseguiron consensuar o texto que recoñece o estatuto especial de Compostela como sede das institucións autonómicas e recolle os mecanismos necesarios para o tratamento xurídico-administrativo e financeiro da capitalidade desta cidade. O acto contou coa asistencia do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que acompañou ao alcalde Xosé Sánchez Bugallo, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o delegado do Gobierno en Galicia, José Miñones, entre outras autoridades.