Santiago contará cun novo obradoiro de emprego


A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, participou na clausura do obradoiro de garantía xuvenil de Santiago, Santiago Sustentable II, que este ano formou a 16 persoas en deseño de aplicacións con tecnoloxía web e aplicacións audiovisuais. Durante o acto, anunciou que Santiago de Compostela celebrará unha nova edición deste obradoiro de emprego de garantía xuvenil para 16 persoas, Santiago Sustentable III, e contará con outro obradoiro dual, Creas IV, este ano. Ambos os dous suman un investimento de 717.000 euros dirixido a favorecer a ocupación des persoas desempregadas mediante a formación e o acceso a contratos de traballo.