Santiago convoca 92 prazas dentro do proceso de estabilización do emprego

1 minutes read

O Boletín Oficial da Provincia publicou o pasado martes as bases dos procesos selectivos convocado para a cobertura de 92 prazas dentro do proceso extraordinario de estabilización, das que 73 se farán polo sistema de concurso de méritos e 19, polo de concurso-oposición. Este proceso permitirá reducir a temporalidade no emprego público por debaixo do 8%.

Unha vez asinada no luns a resolución por parte da concelleira delegada de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración, Marta Abal, o BOP publica hoxe as bases dos procesos selectivos para a cobertura de 92 prazas, ao abeiro da Lei 20/2021, de 28 de dicembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

A concelleira de Persoal salientou a importancia do proceso xa que se acadará “o obxectivo principal do goberno de redución da temporalidade do emprego no Concello de Santiago de Compostela, co conseguinte beneficio tanto para os traballadores e traballadoras como para a calidade dos servizos públicos que se prestan á cidadanía”.