«Santiago de Compostela. A túa historia», a nova campaña de promoción turística da cidade

Rúa de Santiago de Compostela_Concello

  • A campaña contará con dúas fases, e vertebrarase en tres eixes: viaxar en familia, parques e xardíns, e gastronomía

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, presentaron «Santiago de Compostela. A túa historia», unha nova campaña de promoción turística que ten por obxectivo reactivar a demanda turística da cidade o antes posible no complexo contexto da Covid-19. Os eixes principais desta promoción son tres: viaxar en familia, parques e xardíns e gastronomía.

A campaña terá dúas fases. A primeira comeza este xoves 23 de xullo, aproveitando a presenza mediática da cidade con motivo das festas do Apóstolo, e prolongarase durante o mes de agosto.

A segunda fase da campaña desenvolverase no último trimestre do ano. A intención de Turismo de Santiago é que esta segunda parte sirva para atraer turistas de cara ao Nadal, pero tamén que sirva para anunciar o comezo do Ano Santo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha