Santiago de Compostela xa pode percorrerse virtualmente desde a casa

Parque da Alameda_Concello de Santiago de Compostela

  • As audioguías, totalmente gratuítas, sinalan os puntos máis emblemáticos do lugar

Un xa pode visitar a cidade de Santiago de Compostela desde a súa casa, grazas ás audioguías que Turismo de Santiago puxo á disposición do público de xeito gratuíto na súa páxina web.

As audioguías divídense en 24 partes que poden escoitarse en calquera orde. Non obstante, están numeradas para seguir unha posible ruta que comeza na praza do Obradoiro e que percorre os principais atractivos turísticos da cidade: a Catedral, as prazas que a rodean, as rúas e prazas do Casco Histórico, o Mercado de Abastos, o CGAC, o Museo do Pobo Galego, o Parque de Bonaval, a Casa da Troia, San Martín Pinario, e remata no Parque da Alameda.

As audioguías están dispoñibles en sete idiomas: galego, castelán, inglés, alemán, italiano, francés e portugués. A aplicación actívase automaticamente no mesmo idioma que o dispositivo da persoa usuaria.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha