Santiago encherase de luz e cor cos Fogos do Apóstolo do día 24 e os do día 31


O concelleiro de Festas de Compostela, Gonzalo Muíños, presentou o espectáculo pirotécnico das Festas do Apóstolo do 24 e do 31 de xullo; xunto a Juan Manuel Humanes, director de espectáculos de RICASA, empresa adxudicataria do contrato. Por segundo ano consecutivo os fogos do 24 dispararanse, de xeito sincronizado, desde cinco localizacións, o que, explicou Muíños, evitará aglomeracións e facilitará o visionado do mesmo desde prácticamente todos os puntos de Santiago. Con elo facilitarase o cumprimento das normas anticovid, e evitarase a mobilidade da cidadanía. Gonzalo Muíños cualificou como “unha decisión valente” e acertada o cambio de ubicación, decidido o ano pasado, e o novo formato, que permitirá achegar os fogos ao espectador e non o espectador ao espectáculo, como até o de agora.