Santiago encherase de luz e cor cos Fogos do Apóstolo do día 24 e os do día 31

O concelleiro de Festas de Compostela, Gonzalo Muíños, presentou o espectáculo pirotécnico das Festas do Apóstolo do 24 e do 31 de xullo; xunto a Juan Manuel Humanes, director de espectáculos de RICASA, empresa adxudicataria do contrato. Por segundo ano consecutivo os fogos do 24 dispararanse, de xeito sincronizado, desde cinco localizacións, o que, explicou Muíños, evitará aglomeracións e facilitará o visionado do mesmo desde prácticamente todos os puntos de Santiago. Con elo facilitarase o cumprimento das normas anticovid, e evitarase a mobilidade da cidadanía. Gonzalo Muíños cualificou como «unha decisión valente» e acertada o cambio de ubicación, decidido o ano pasado, e o novo formato, que permitirá achegar os fogos ao espectador e non o espectador ao espectáculo, como até o de agora.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha