Santiago | Inaugurada a exposición de Manolo Paz na Praza do Obradoiro

Concello de Santiago.

A mostra componse de cinco grandes esculturas que se localizarán en lugares estratéxicos e de gran significado para a cidade de Santiago. A primeira, a escultura «Bolboreta», realizada con bloques de granito, poderá apreciarse na praza do Obradoiro. «Menhir», realizada en pedra será instalada no parque da Alameda. «Diálogo» na entrada do Museo do Pobo Galego e do CGAC. A pouca distancia, o parque de Bonaval acollerá a peza «Transparencias», en ferro pintado. Por último, na Cidade da Cultura poderá visitarse o conxunto escultórico en pedra «Espellos do Camiño».

Manolo Paz é un dos escultores máis singulares do panorama artístico. O seu traballo transformou paisaxes desde a súa Cambados natal ata Xapón, país hermanado polos camiño de Wakayama, Shikoku; ademais está instalado en espazos urbanos de cidades como Bruxelas, Stuttgart ou Chicago.

“Grazas a esta exposición, podemos apreciar as obras do artista galego mentres percorremos os lugares máis emblemáticos da cidade cun conxunto de cinco estruturas que quedan integradas na espectacularidade da paisaxe arquitectónica, estando as obras situadas entre a Cidade da Cultura e o casco histórico de Santiago de Compostela”, indicou a directora xeral de Turismo, Nava Castro, durante a inauguración.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha