Santiago lembra a Isaac Díaz Pardo no centenario do seu nacemento

Mural no IES Sar_Concello de Santiago

  • O Concello dispuxo distintos actos de homenaxe, como roteiros ou unha estatua de César Lombera na Alameda, preto da de Castelao

A alcaldesa de Santiago de Compostela en funcións, Mercedes Rosón, destaca a figura de Isaac Díaz Pardo cando se cumpren cen anos do seu nacemento (o 22 de agosto de 1920). Segundo a concelleira de Acción Cultural, «a súa idea de país abarcábao todo», engadindo que durante toda a súa vida, «mantivo acesa e compartiu a luz da liberdade», para que Compostela e Galicia non perderan durante «os duros anos do franquismo, a súa memoria histórica e a súa dignidade como pobo».

Razóns de sobra para que o Concello de Santiago lembre a Isaac Díaz Pardo con distintos actos de homenaxe, como roteiros; un mural pintado por Javier Mourón en colaboración co alumnado do IES do Sar; unha biografía que pronto verá a luz redactada por Xosé Ramón Fandiño; e unha estatua de César Lombera na Alameda, preto da de Castelao, inaugurada a principios deste mes.

Todo, indica Mercedes Rosón, cun dobre obxectivo: recoñecer a importancia histórica da súa figura e manter vivo ese espírito de liberdade e democracia pola que loitaron destacadas figuras do galeguismo, como Castelao, Ánxel Casal, Alexandre Bóveda, os irmáns Villar Ponte ou Camilo Díaz Baliño, pai de Isaac Díaz Pardo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha