Santiago logra un novo récord de pernoctacións nos hoteis da cidade

1 minutes read
  • Os hoteis santiagueses rexistraron 1.466.282 pernoctacións no 2019, superando así as cifras que se conseguiron no último Ano Santo

No ano 2019 gañáronse máis de 100.000 pernoctacións con respecto ao 2018, cun cremento de practicamente o 8%. Este supera amplamente o crecemento medio que se produciu en España, que foi do 0,9%.

Os turistas españois sumaron 831.389 noites de hotel en Santiago, cun crecemento do 9,87% respecto do ano anterior. Pola súa banda, os turistas internacionais rexistraron 634.893 pernoctacións, un 5,47% máis.

As cifras de 2019 conseguíronse grazas a unha desestacionalización da demanda respecto do ano anterior. Os meses con maiores crecementos foron: abril, cun 19% máis; outubro, cun 17%; decembro e maio, cun 15%; e febreiro, cun 11% máis. Pola contra, en xullo mantivéronse as cifras do ano anterior, e en agosto houbo unha lixeira baixa do 2%.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?