Santiago | Nova convocatoria para instalar atraccións na Alameda pola Ascensión e o Apóstolo

1 minutes read
  • O Concello rebaixou o canon mínimo a 94.646 euros para este 2022 tras quedar deserta a primeira convocatoria

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns, en sesión extraordinaria, o expediente de tramitación urxente que ten por obxecto a convocatoria para a autorización da ocupación de vía pública no Parque da Alameda para a colocación de postos durante as festas da Ascensión e do Apóstolo este ano, establecendo un canon mínimo de 94.646,41 euros.

O prazo para a presentación das proposicións fíxase en 8 días naturais. A documentación para concorrer a este procedemento presentarase a través da Plataforma de Contratación do Sector Público nun único arquivo electrónico.

Esta convocatoria xa saíra a licitación no mes de marzo por procedemento ordinario e cun canon mínimo de 235.026 euros para os anos 2022 e 2023. Sen embargo, quedou deserta, e o Concello, atendendo ás peticións do sector, a subida dos prezos, sobre todo do combustible e a crise económica provocada polos dous anos de pandemia, decidiu rebaixar ese canon mínimo só para o ano 2022 e tramitar o procedemento por vía de urxencia. O obxectivo é que as atraccións volvan á dúas das festas máis importantes da cidade despois de dous anos de pandemia.