Santiago | Avanzan na creación dunha mesa para o diálogo co sector da hostalaría

1 minutes read

No concello de Compostela, a alcaldesa e os concelleiros de Convivencia, Xan Duro, e de Urbanismo, Iago Lestegás, mantiveron unha xuntanza con representantes de Hostelería Compostela, Hostalaría.gal e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas na que lles presentaron unha proposta de regulamento da Mesa para o diálogo co sector. Unha vez consensuada, o regulamento terá que ser aprobado polo Pleno municipal como requisito o previo á constitución desta nova vía de comunicación na que se tratarán temas de interese común para o Concello e o sector.

Os representantes do sector presentes na reunión valoraron de xeito positivo este novo avance cara á constitución da Mesa polo gran peso cultural e económico do sector na cidade e por tratarse dunha demanda histórica que busca o diálgo sobre temas trasnversais que trascenden as diferentes orientacións políticas.

Tras o encontro, a rexedora explicou que a proposta presentada detalla as “reglas de uso e de funcionamento, así como as entidades e persoas con representación, as concellarías implicadas e os representantes dos diferentes grupos políticos da Corporación”, e tamén recolle a posilidade de que asistan “persoas expertas ou de outras entidade para temas concretos”. Durante a xuntanza tamén se trataron os temas concretos que se abordarán na Mesa, aínda que tamén poderán incluirse “aquelas iniciativas que queiran levar as persoas integrantes na mesa”.

Na reunión tamén se fixo un repaso por outros temas de interese común como o balance da campaña Fala Baixiño. A alcaldesa destacou a “gran receptividade” da campaña por parte da sector. “A hostalaría de Santiago é unha hostalaría que é segura, que ten un bo funcionamento, que pretende ser integradora e inclusiva e que sempre chama a esa concienciación necesaria a garantir o dereito ao descanso da veciñanza”, engadiu.