Sanxenxo adianta a colocación de balizas nas praias urbanas para evitar accidentes

Foto.- dpm.

O concello de Sanxenxo quere mellorar a seguridade dos areais fóra da temporada estival e axudar a evitar accidentes como o que lle custou a vida mentres nadaba a Manuel Tábara, de 59 anos, hai un ano. O Venres Santo do 2022, o oftalmólogo coruñés practicaba a natación cando o atropelou unha embarcación. A zona non estaba balizada. Independentemente da culpabilidade ou inocencia do piloto da lancha, que supostamente se achegou a gran velocidade e imprudentemente á área de baño, o Concello de Sanxenxo suma agora este elemento para facer os areais máis seguros.  Nesta Semana Santa, delimitará cunha liña de boias amarelas a zona do baño, aínda que non usarán cortizas porque non soportarían as condicións do mar fóra do verán. As boias instalaranse en marzo nos areais de Canelas, Caneliñas, Silgar e Panadeira. Outros anos non se colocaban ata o 1 de xuño.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha