Sanxenxo dividirá a praia de Silgar e limitará o seu aforo

Foto.- dpm.

Todo indica que a praia de Silgar en Sanxenxo vai abrir ao público este verán, pero con cambios substanciais pensando nunha desescalada segura fronte ao Covid-19. O Concello propón a división do areal en cinco seccións, que a súa vez estará conformado por cuadrículas de 3 por 3 metros, ampliables según o caso. Ademais haberá dúas franxas lonxitudinais reservadas para a prestación de servizos. Para acceder á praia limitaranse os as vías de entrada a catro perpendiculares de seis metros de ancho que irán desde o muro á primeira liña.