Sanxenxo | Ferido grave ao confundir un camión co autobús que esperaba e ser atropelado

O accidente tivo lugar á primeira hora da mañá deste martes, ao parecer o home estaba esperando o autobús na marquesiña e cando viu chegar os faros do camión confundiunos cos do autobús e baixou á estrada. O camión non tivo tempo de frear e bateu nel, quedando ferido de gravidade. Ata o lugar do atropelo desprazáronse efectivos do servizo de  Emerxencias de Sanxenxo, a Policía Local e a Garda Civil. O ferido é un veciño de Bordóns de 48 anos de idade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha