Sarria, Cambados, A Illa, Vilanova e Vilagarcía, no nivel alto de restricións

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19 acordou na súa xuntanza deste martes, o nivel alto de restricións para os concellos de Sarria, Cambados, A Illa de Arousa, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa. Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Culleredo, Ribadavia, Ourense, Barbadás, Caldas de Reis, Poio, Pontevedra, Marín, Redondela e Salceda de Caselas. Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 10 de xullo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha